A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) é unha organización internacional académica independente que traballa para o asentamento e a visibilidade dos estudos galegos en todas as disciplinas académicas no mundo.
Pasado o IX Congreso Internacional de 2009 en Santiago de Compostela, a AIEG conta xa coa traxectoria dun cuarto de século de promoción dos estudos galegos a nivel internacional desde a súa fundación en 1982. A partir do primeiro congreso de Maine (EUA) en 1985, percorreuse mundo en busca de intercambios con estudosas e estudosos de diversas disciplinas e que se ocupan da realidade galega ou da súa relación coa globalización: EUA, Gran Bretaña, Alemaña, Cuba, Cataluña, Brasil. Xunto cos Centros Galegos en diferentes universidades do mundo mailos respectivos lectorados, a AIEG contribuíu a fomentar e analizar, a través dos seus congresos trianuais e das súas actas, a presenza da cultura galega no mundo, especialmente no ámbito académico.
Porén, o noveno congreso maila última asemblea deixaron claro que en adiante será preciso integrar máis disciplinas académicas, máis investigadoras e investigadores do estranxeiro, apostar máis pola transdisciplinariedade. Este reto ha culminar no verán do 2010 co X Congreso Internacional da AIEG en Cardiff, Gales. Será un acontecemento en busca dunha ampliación de perspectivas e posicións, xa que se realizará nun formato novo e procurará un equilibrio, na medida do posíbel, tocante á presenza de investigadoras e investigadores da economía e do dereito, entre moitos outros eidos, alén das tradicionais presenzas das humanidades. Habemos chamar para este X Congreso a especialistas de todo o mundo e de todas as áreas do saber, para debateren a situación do Dereito, da Economía, Política, Tecnoloxía da información, Tradución, Historia, Literatura e Lingüística galegas na era globalizada. E habemos de incitar, tamén, o compromiso de colegas de todo o mundo de participar nas actividades da AIEG no futuro.
A Xunta Directiva 2009-20012 convida todas as persoas interesadas para que nos contacten e, se o desexaren, que nos envíen as súas propostas de colaboración, ideas, preguntas ou, se for o caso, as solicitudes para se asociaren.
Un saúdo cordial, esperando polo voso contacto,
Craig Patterson (Presidente da AIEG)
Xunta directiva, AIEG.
The International Association of Galician Studies (AIEG) is an independent, international academic organisation that seeks to consolidate and further the visibility of Galician Studies in all academic disciplines throughout the world.
With its ninth tri-annual international conference held in Santiago de Compostela in July 2009, the AIEG marked a quarter century of promoting Galician Studies at an international level from its inception in 1982. Following its first conference in Main (USA) in 1985, the Association has travelled the globe in search of intellectual exchange across diverse disciplines that address Galician reality and its relationship with globalisation, from the United States to England, from Germany to Cuba, from Catalonia to Brazil. Through its conferences and their proceedings, together with the support of Galician Centres in different universities, the AIEG has contributed to the growth and analysis of the presence of Galician culture on a worldwide basis, especially in the academic arena.
At its ninth conference and most recent assembly, the AIEG decided to work towards integrating more academic disciplines, with a view to attracting more researchers to its membership from beyond Galicia and in doing so fomenting its multidisciplinary identity. Its objective is now to fulfil this task by the tenth international conference in Cardiff, Wales. There, in the Welsh capital, it is hoped that positions and perspectives will be multiplied through the prism of a new format, an equilibrium of specialisms such as Economics, Law, Science, Information Technology, History, Architecture, etc., in addition to the traditional focus of the AIEG conferences centred upon the Humanities. The Association’s 2012 gathering in Wales will also mark another significant opportunity to encourage new colleagues to participate in future activities of the organisation.
The Executive Committee for 2009-12 invites all of you to contact us, and to send us your proposals for collaboration, ideas, enquiries, requests for membership and also your constructive criticism.
We look forward to hearing from you.
Craig Patterson (AIEG President)
Executive Committee, AIEG.