Velaquí o cartel do X Congreso da AIEG Galiza alén do Arco Atlántico: Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos

Xa dispomos do cartel oficial do X Congreso da AIEG, que podes descargar aquí. Ademais do cartel oficial en galego, e por vez primeira en toda a historia dos congresos da Asociación Internacional de Estudos Galegos, a AIEG realizará parte da comunicación gráfica do evento nas linguas de uso máis común no país de acollida. Deste xeito, no congreso deste setembro en Cardiff/Caerdydd contaremos tamén con carteis en galés e inglés.

Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos

Nas case tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar 'Galiza'. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas.

Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG "Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos" busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.

AIEG – Información importante sobre X Congreso

1) FORMULARIO DE MATRÍCULA E INFORMACIÓN SOBRE PRAZOS E PREZOS DE INSCRICIÓN:

Descarga aquí o formulario de matrícula no X Congreso da AIEG, que debedes enviar tesoureriaaieg@gmail.com.  Nese documento xa atoparás toda a información sobre os distintos prazos e prezos de matrícula.

Lembra que se queres facerte socia/o, podes descargar o formulario de Alta da web da AIEG e seguir as instrucións que se indican en: http://estudosgalegos.org/asociate.php

2) PROGRAMA PROVISIONAL

Descarga aquí a versión máis actualizada do programa do congreso (6 de xullo  2012), con información sobre a estruturación en bloques de sesións paralelas de relatorio, conferencias plenarias, actividades musicais, cea do congreso, e celebración da asemblea trianual da AIEG.

Nuns días faremos pública a información sobre as sesións paralelas (relatorios e paneis).

Xa está dispoñíbel o programa do Obradoiro de Estudos Rosalianos que se desenvolverá os días xoves 13 e venres 14 de setembro.

LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CONGRESO

O principal lugar do congreso é a Cardiff Business School, Cardiff University.

Consulta aquí o mapa do campus universitario “Cathays Park Campus” da Cardiff Univerity/Prifysgol Caerdydd - http://www.cardiff.ac.uk/locations/maps/index.html

Descarga aquí o mapa do campus universitario en pdf (repara en que a Business School está sinalada co número 11): http://www.cardiff.ac.uk/locations/resources/loc-guide-12.pdf

Descarga aquí diferentes mapas oficiais da cidade de Cardiff/Caerdydd en formato pdf: http://www.visitcardiff.com/travel-information/maps

3) INFORMACIÓN SOBRE A CEA OFICIAL

A cea oficial do Congreso terá lugar o xoves 13, no salón White Hall Suit do restaurante The Parc Hotel (Park Place, Cardiff/Caerdydd CF10 3UD), cun prezo de 45 euros (non inclúe bebida). Haberá un menú degustación de comida típica galesa, con 3 opcións a escoller OBRIGATORIAMENTE.

Descarga aquí o menú da cea para poderes escoller as opcións.

Para anotarse á cea, escoller menú e pagar os 45 euros (data tope: 15 de agosto), débese cubrir o FORMULARIO DE MATRÍCULA NO CONGRESO e envialo a tesoureriaaieg@gmail.com

4) COMO CHEGAR A CARDIFF/CAERDYDD

Descarga aquí un documento con orientacións como como chegar a Cardiff/Caerdyyd

5) INFORMACIÓN SOBRE ALOXAMENTO

Descarga aquí un documento con orientacións sobre aloxamento en Cardiff/Caerdyyd, incluíndo hoteis, os típicos Bed&Breadkfast/Guesthouses e tamén a residencia universitaria Colum Hall da Universidade, a só uns minutos da sede do congreso (número 13 no mapa en pdf do Campus).

Descarga aquí o formulario para hospedarvos na residencia universitaria Colum Hall (en inglés) “Accommodation Booking Form Galician Studies - Cardiff University”.

O documento está en inglés, pero tes instrucións sobre como cubrilo no documento xeral sobre aloxamento en Cardiff/Caerdydd.

Unha vez cuberto, tes que envialo directamente a Conference@cardiff.ac.uk

6) INFORMACIÓN TURÍSTICA

Para planificares o teu tempo libre nos días anteriores e posteriores ao congreso, velaquí a páxina web oficial de Turismo en Cardiff/Caerdydd:

Inglés: http://www.visitcardiff.com/
Español: http://www.spanish.visitcardiff.com/

Lembra tamén que todas as persoas participantes no Congreso teñen un prezo especial con desconto para visitar o Castelo de Cardiff, sempre que se identifiquen como participantes amosando a tarxeta identificativa que se entregará ao comezo do congreso.

Se ben o prezo estándar para persoas adultas é de 14 libras (Premium Tour) e de 11 libras (Essential ticket), as/os participantes no congreso terán que pagar 10,50 libras e 8,25 libras respectivamente. Atoparás máis información sobre isto no cartafol que entreguemos aos/ás participantes no momento de rexistrarse no congreso.

Para calquera dúbida sobre a inscrición no congreso, contacta coa tesoureira Elisa Fernández a través de tesoureriaaieg@gmail.com.

Para dúbidas sobre o programa ou outras cuestións organizativas, contacta co comité organizador do congreso en estudosgalegos@gmail.com.

 

Como chegar

info_congreso

X Congreso
Internacional da AIEG

65-68 Park Place
Cardiff
CF10 3AS

Información turística

A medida que se achegue o Congreso disporemos aquí un informe de recursos loxísticos e turísticos para os visitantes. Polo de agora, esta é a web de información turística máis completa: