Artigo 1º - Coa denominación “Asociación Internacional de Estudos Galegos / International Association of Galician Studies (AEIG)” constituíuse unha ASOCIACIÓN, arestora ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e normas complementarias, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, carecendo de ánimo de lucro.
Artigo 2º - Esta Asociación constituíuse por tempo indefinido.
Artigo 3º - A AIEG persegue exclusivamente obxectivos de utilidade xeral. A súa existencia ten como fins:
Artigo 4º - Para o cumprimento destes fins, a AIEG promove a organización dun congreso internacional e a edición dun boletín informativo e doutras publicacións, tanto impresas como electrónicas, que se xulguen convenientes.
Artigo 5º - A Asociación establece o seu domicilio social non Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, D.P.15705 Santiago de Compostela, Galicia; e o seu ámbito territorial, no que vai realizar principalmente as súas actividades, comprende todo o territorio do Estado, así como o eido internacional académico.
Artigo 6º - Os órganos de goberno da AIEG son a/o Presidenta/e, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
A Asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva constituída por un/ha Presidenta/e, un/ha Vicepresidenta/e, un/ha Secretario/a, un/ha Tesoureira/o, un/ha Secretaria/o de Relacións Institucionais e catro Vogais. Estes cargos serán designados e revocados pola Asemblea Xeral, e o seu mandato terá unha duración de tres anos. A válida constitución da Xunta Directiva require a presenza de polo menos a terceira parte dos seus membros.
Artigo 7º - Facultades da Xunta Directiva. Correspóndelle á Xunta Directiva a xestión ordinaria e a actividade executiva da Asociación nos períodos comprendidos entre as sesións da Asemblea Xeral. Os acordos da Xunta Directiva adóptanse por maioría simple. Son facultades particulares da Xunta Directiva:
Artigo 8º - Funcións dos membros da Xunta Directiva:
Artigo 9º - Elección da Xunta Directiva. A Xunta Directiva será elixida por un período ordinario de tres anos pola Asemblea Xeral, entre as candidaturas presentadas perante os organismos constituídos cun mes de antelación á sesión da Asemblea. As candidaturas presentaranse por escrito perante a Xunta Directiva en funcións. As candidaturas deben facer constar os cargos que se propoñen e achegar un escrito de aceptación asinado polo candidato.
Despois de debater a proposta ou propostas de Xunta Directiva, terá lugar a votación. Para a elección requírese o voto favorable da maioría absoluta dos membros presentes. Se ningunha candidatura acada esa porcentaxe, terá lugar unha segunda votación na que abondará o voto favorable da maioría simple.
Todos os cargos directivos poden ser reelixidos con excepción da/o Presidenta/e. As vacantes que se puidesen producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisionalmente entre os devanditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral convocada ao efecto.
Artigo 10º - A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por toda/os a/os asociadas/os. Compételle á Asemblea Xeral definir os programas de traballo, elixir a Xunta Directiva, fixar a cota dos membros e resolver sobre o informe da/o Presidenta/e, da/o Secretaria/o e da/o Tesoureira/o.
Artigo 11º - As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. As Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria se concorre máis da metade dos membros da Asociación. De non conseguirse ese quórum, a Asemblea quedará constituída en segunda convocatoria media hora más tarde, calquera que sexa o número de membros que comparezan.
Artigo 12º - A sesión ordinaria da Asemblea Xeral terá lugar canda o congreso internacional patrocinado pola Asociación. Convocaranse sesións extraordinarias cando os intereses da Asociación así o esixan ou por solicitude escrita e motivada que se dirixa á Xunta Directiva e que estea subscrita polo menos pola décima parte dos membros da Asociación.
Artigo 13º - As sesións da Asemblea Xeral son convocadas pola/o Presidenta/e ou, por imposibilidade de esta/e, pola/o Vicepresidenta/e mediante carta ou circular dirixida a todos os membros, na que se anunciará o lugar, a data e a orde do día da sesión, con expresión concreta dos asuntos que se van tratar. A convocatoria deberá realizarse cunha antelación de polo menos trinta días naturais.
Artigo 14º - Desenvolvemento das sesións da Asemblea Xeral e votacións:
Artigo 15º - Son facultades da Asemblea Xeral:
Artigo 16º - Requiren acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ao efecto:
Artigo 17º - Os recursos económicos da AIEG proveñen de:
A Asociación constitúese cun patrimonio inicial de seis mil euros e non se prevé superar a cantidade de sesenta mil euros no orzamento anual. A Xunta Directiva proporalle á Asemblea Xeral a aprobación do orzamento e na mesma sesión renderá contas da xestión do exercicio anterior. A Asemblea poderá designar un interventor imparcial que informe sobre os resultados da inspección de contas. A modificación da cota dos membros da AIEG é competencia da Asemblea Xeral e require o voto favorable de dúas terceiras partes dos presentes na sesión.
Artigo 18º - Pode ser membro da AIEG calquera persoa natural ou xurídica con capacidade de obrar e en pleno exercicio dos seus dereitos civís que acepte os obxectivos fundamentais da Asociación segundo establece o Artigo 3 destes Estatutos.
Artigo 19º - Os membros da AIEG poden ser de pleno dereito ou de honra. Son membros de honra da AIEG aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral da Asociación lles recoñeza esa condición en atención aos seus méritos. Os membros de honra, non sendo que teñan asemade a condición de membros de pleno dereito, carecen do dereito de voto nas sesións da Asemblea Xeral.
Artigo 20º - Os membros da AIEG poden abandonar a Asociación en calquera momento mediante escrito dirixido ao Presidente da Asociación. A Xunta directiva pode decidir a expulsión dun membro no caso de que este prexudique gravemente os intereses da Asociación ou non pague a súa cota. O interesado ten dereito a recorrer perante a propia Xunta Directiva no prazo dun mes e sobre este recurso decidirá a Asemblea Xeral na primeira sesión en que se reúna.
Artigo 21º - Son dereitos básicos dos membros:
Artigo 22º - Son deberes básicos dos membros:
Artigo 23º - A Asociación pódese disolver polas seguintes causas:
Artigo 24º - Na sesión na que se decida a disolución da Asociación resolverase sobre a liquidación do seu patrimonio, o alleamento de bens, saldo de débedas e reintegración dos créditos.
Artigo 25º - Realizadas as operacións mencionadas non apartado anterior, doarase o líquido resultante a algunha ou algunhas asociacións do mesmo tipo e finalidade que a AIEG e preferentemente a que se constitúa, se é o caso, en substitución dela.
Artigo 26º - A interpretación destes Estatutos correspóndelle á Xunta Directiva da AIEG e os acordos que se adopten sobre esta materia requiren o voto favorable de dúas terceiras partes dos membros que constitúen o devandito órgano. Os membros da Xunta Directiva desconformes coa interpretación aprobada poden recorrer contra esta perante a Asemblea Xeral mediante escrito motivado que deberán presentarlle á Xunta Directiva no prazo dun mes desde que se adoptou o devandito acordo.
A modificación destes Estatutos, tal como se explicita no seu Artigo 16, é competencia da Asemblea Xeral da AIEG convocada en sesión extraordinaria para o efecto. O acordo require o voto favorable de tres cuartas partes dos membros presentes.
En todo canto non estea previsto nos presentes Estatutos aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e as disposicións complementarias.